Os nenos e nenas de 1º de Primaria coñeceron qué son os números pares e impares xogando ao Bingo!
Ao mesmo tempo tamén aproveitaron para repasar a serie numérica ata o número 100.
Neste trimestre os nenos e nenas de 2º traballamos as unidades de peso e lonxitude. Aproveitamos para utilizar as balanzas e a regla e a cinta métrica cos obxectos que temos na clase.
Fixemos un obradoiro no que elexíamos varios obxectos e os tiñamos que rexistrar na nosa folla de medidas. Posteriormente os medimos e anotamos os resultados, e fomos pasando por parellas e tríos a utilizar as balanzas. Como seleccionamos tres obxectos, todos puidemos utilizar as balanzas e aprender o seu funcionamento.
Seguiremos practicando para ver si xa somos capaces de estimar as medidas dun obxecto sen cometer moitos erros,e veredes os nosos progresos por aquí!.
Nestas semanas o alumnado de 1º de primaria está traballando os números ata o 29 e a descomposición empregando as regretas. Con estas actividades melloramos a aprendizaxe das relacións numéricas e o cálculo mental.
Pinchade no seguinte video para velo.
Comezamos esta semana coa división, para isto o alumnado de 3º interioriza manipulativamente por medio das regretas, o concepto de repartir en partes iguais. Empezamos dividindo entre 2, 3 e 4 para coñecer os conceptos de metade, terzo e cuarto.
En quinto de primaria traballamos as operacións con números decimais utilizando os bloques multibase e as regretas. Primeiro empregamos os bloques multibase para repasar e afianzar conceptos básicos sobre os números decimais.
Despois realizamos diferentes sumas e restas empregando as regretas. Plantexamos diferentes retos que o alumnado intentou resolver xerando conceptos matemáticos por si mesmos, deste xeito o grao de comprensión dos conceptos, propiedades e relacións entre os números é moito máis profundo.
Para facer as restas con regretas primeiro collemos tantas regretas como indica o minuendo, neste caso a regreta laranxa equivale a unha unidade (10 décimas). A continuación preparamos a resta: Como o número do sustraendo ten catro décimas, substituímos unha regreta laranxa por unha rosa e unha verde (1=0,4+0,6). Agora só temos que quitar a cantidade que nos indica o sustraendo e xa podemos ver a diferenza!
Este curso os nenos e nenas de 2º xa estamos traballando as centenas. Utilizamos o material "base 10" para poder visualizar e manipular as unidades, decenas e centenas. Deste xeito conceptos que son un pouco abstractos se converten en algo que podemos tocar e comprender.
Vos deixamos unha pequena presentación na que podedes ver algunhas das actividades realizadas e a súa explicación.