27.1.23

OPERACIÓNS CON NÚMEROS DECIMAIS

    En quinto de primaria traballamos as operacións con números decimais utilizando os bloques multibase e as regretas. Primeiro empregamos os bloques multibase para repasar e afianzar conceptos básicos sobre os números decimais.

    

    Despois realizamos diferentes sumas e restas empregando as regretas. Plantexamos diferentes retos que o alumnado intentou resolver xerando conceptos matemáticos por si mesmos, deste xeito o grao de comprensión dos conceptos, propiedades e relacións entre os números é moito máis profundo.

    Para facer as restas con regretas primeiro collemos tantas regretas como indica o minuendo, neste caso  a regreta laranxa equivale a unha unidade (10 décimas). A continuación preparamos a resta: Como o número do sustraendo ten catro décimas, substituímos unha regreta laranxa por unha rosa e unha verde (1=0,4+0,6). Agora só temos que quitar a cantidade que nos indica o sustraendo e xa podemos ver a diferenza!


     








    

12.1.23

TRABALLAMOS OS NÚMEROS DECIMAIS CON MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS

     En 5º de Educación Primaria aproveitamos o material Multibase de Base 10 para facer unha introdución ao sistema numérico decimal antes de traballar os diferentes logaritmos.
    O alumnado tivo a oportunidade de familiarizarse con dito material para identificar cantidades, comprobando que a unidade pódese dividir en varias partes iguais, por exemplo, en 10, en 100 ou en 1000.
    Explicouse canto é unha unidade, unha décima, unha centésima e unha milésima, e como se forman agrupando elementos de 10 en 10.