28.11.22

Xogamos cos máis pequenos

Igual que no curso pasado, comezamos as primeiras sesións coñecendo e manipulando as regretas Cuisenaire. Tivemos tempo para xogar con elas, observar a súa cor e tamaño e para ir memorizando o valor de cada unha.

No 1º curso de primaria fixemos composición e descomposición dos números ata o 10, completamos diagramas e fixemos equivalencias para realizar sumas.




7.11.22

Curso 22-23

Este curso 22-23 volvemos a participar no CPinnova  na modalidade de EDUinnova (o centro docente como entorno innovador de aprendizaxe a través da mellora permanente) partindo da competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría, co fin de dar continuidade ao traballo realizado o ano pasado.

Nel levaremos a cabo os seguintes obxectivos:


a) Aplicar metodoloxías innovadoras que faciliten a adquisición das competencias clave por parte do alumnado.

b) Ofrecer ao alumnado metodoloxías didácticas diversificadas e activas para garantir o desenvolvemento máximo do seu potencial e a personalización da aprendizaxe.

c) Mellorar a competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría.

d) Axudar ao alumnado a acadar o nivel de referencia nas capacidades básicas.

e) Elevar os niveis de éxito escolar.


Empezamos!