26.6.23

DESPEDIDA

Un ano máis rematamos o curso agradecendo a participación de todo o alumnado e profesorado pola colaboración neste proxecto.

O vindeiro curso continuaremos mellorando a competencia matemática a través de novos retos e xogos.

BO VERÁN!                                            

19.5.23

A MASA, O VOLUME E A DENSIDADE.

O alumnado de 5º de Educación Primaria estivo traballando os conceptos de masa, volume e densidade coas balanzas para mellorar na competencia matemática.

A balanza resultou ser un material manipulativo moi sinxelo que lles facilitou a aprendizaxe destes conceptos.




25.4.23

COÑECEMOS OS NÚMEROS PARES E IMPARES

Os nenos e nenas de 1º de Primaria coñeceron qué son os números pares e impares xogando ao Bingo!

Ao mesmo tempo tamén aproveitaron para repasar a serie numérica ata o número 100.                                                        

                                                                            

















28.3.23

Medimos e pesamos

 Neste trimestre os nenos e nenas de 2º traballamos as unidades de peso e lonxitude. Aproveitamos para utilizar as balanzas e a regla e a cinta métrica cos obxectos que temos na clase.

Fixemos un obradoiro no que elexíamos varios obxectos e os tiñamos que rexistrar na nosa folla de medidas. Posteriormente os medimos e anotamos os resultados, e fomos pasando por parellas e tríos a utilizar as balanzas. Como seleccionamos tres obxectos, todos puidemos utilizar as balanzas e aprender o seu funcionamento.

Seguiremos practicando para ver si xa somos capaces de estimar as medidas dun obxecto sen cometer moitos erros,e veredes os nosos progresos por aquí!.



   







27.2.23

DESCOMPOSICIÓN DE NÚMEROS

Nestas semanas o alumnado de 1º de primaria está traballando os números ata o 29 e a descomposición empregando as regretas. Con estas actividades melloramos a aprendizaxe das relacións numéricas e o cálculo mental. 

Pinchade no seguinte video para velo. 



2.2.23

REPARTIMOS EN PARTES IGUAIS

Comezamos esta semana coa división, para isto o alumnado de 3º interioriza manipulativamente por medio das regretas, o concepto de repartir en partes iguais. Empezamos dividindo entre 2, 3 e 4 para coñecer os conceptos de metade, terzo e cuarto.



27.1.23

OPERACIÓNS CON NÚMEROS DECIMAIS

    En quinto de primaria traballamos as operacións con números decimais utilizando os bloques multibase e as regretas. Primeiro empregamos os bloques multibase para repasar e afianzar conceptos básicos sobre os números decimais.

    

    Despois realizamos diferentes sumas e restas empregando as regretas. Plantexamos diferentes retos que o alumnado intentou resolver xerando conceptos matemáticos por si mesmos, deste xeito o grao de comprensión dos conceptos, propiedades e relacións entre os números é moito máis profundo.

    Para facer as restas con regretas primeiro collemos tantas regretas como indica o minuendo, neste caso  a regreta laranxa equivale a unha unidade (10 décimas). A continuación preparamos a resta: Como o número do sustraendo ten catro décimas, substituímos unha regreta laranxa por unha rosa e unha verde (1=0,4+0,6). Agora só temos que quitar a cantidade que nos indica o sustraendo e xa podemos ver a diferenza!