31.5.22

REMATAMOS O CURSO

Chegou o último trimestre, e ainda que foi moi cortiño, aprendemos moitas cousas novas coas  regletas e o ábaco. 

Regletas: traballamos co concepto de par-impar e o de multiplicación. Tamén aprendemos a ler e interpretar diagramas de barras feitos con regletas. 



Ábaco: descubrimos como representar números nun ábaco, a facer descomposicións, series, colocar o anterior /posterior, etc.



O vindeiro curso seguiremos traballando, xogando e aprendendo !!

8.4.22

AFIANZAMOS OS NOSOS COÑECEMENTOS

Avanzamos nas sesións coas regletas un mes máis. As regletas permiten traballar distintas áreas das Matemáticas e axudan a desenvolver moitas capacidades do pensamento lóxico-matemático. Polo tanto, co fin de mellorar estas capacidades, seguimos practicando a resolución de problemas e a descomposición de números.

Tedes, a continuación, unha mostra do traballo realizado polas alumnas e alumnos de 4º, 2º e 1º.




9.3.22

RESOLVEMOS PROBLEMAS COAS REGLETAS

As nenas e os nenos de 2º de Educación Primaria traballaron coas regletas para practicar a resolución de problemas. 

                                       Pinchade nos seguintes vídeos para ver o seu traballo!

 

   





25.1.22

Traballamos a descomposición de números


 Nesta sesión, os nenos e nenas de 1º traballaron coas regletas as formas de descompoñer o número seis e o sete. Primeiro traballamos manipulando as regletas e ,coma sempre, finalizamos a sesión trasladando o aprendido ao papel. Así organizamos todo o aprendido na sesión.

Vos deixamos unha presentación con imaxes do noso traballo.

                                     

9.12.21

APRENDEMOS COAS REGLETAS

Neste primeiro trimestre tamén aprendemos o valor de cada regleta, ordenamos de menor a maior e comparamos regletas: iguais, diferentes e equivalentes.

Aquí tedes unha mostra do noso traballo!



Ademais realizamos varias fichas onde reproducimos todo o aprendido.











15.11.21

SESIÓNS DE XOGO E OBSERVACIÓN

Durante as primeiras sesións os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 4º A coñecemos as regletas Cuisenaire. Tivemos tempo para manipulalas e xogar con elas, observamos a súa cor, tamaño e pensamos para que nos poderían servir.


Podedes ver todo o que fixemos con elas!









29.10.21

PARTICIPAMOS NO PROGRAMA CPINNOVA

O CP Innova é unha iniciativa de innovación educativa desenvolvida desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade que vai proporcionar ao noso centro estratexias de mellora da calidade do ensino.

O CEIP Novo Mesoiro parcipipará neste programa incidindo na adquisición da competencia matemática, a través da incorporación de metodoloxías activas que sitúen ao noso alumnado como protagonista da súa aprendizaxe, favorecendo o desenvolvemento máximo das súas capacidades, e fomentando o traballo interdisciplinar e en equipo.

Comenzamos!