22.12.22

TRABALLAMOS AS CENTENAS

 Este curso os nenos e nenas de 2º xa estamos traballando as centenas. Utilizamos o material "base 10" para poder visualizar e manipular  as unidades, decenas e centenas. Deste xeito conceptos que son un pouco abstractos se converten en algo que podemos tocar e comprender.

Vos deixamos unha pequena presentación na que podedes ver algunhas das actividades realizadas e a súa explicación.


Tamén seguimos utilizando as regletas sempre que podemos. Mirade que fixemos aproveitando que despediamos o trimestre para festexar o Nadal.

  





CREAMOS DEBUXOS COAS REGRETAS

Os alumnos de 1º rematamos o trimestre creando figuras navideñas coas regretas.

Repasamos o valor de cada regreta e fixemos sumas sinxelas realizando creacións divertidas.



28.11.22

Xogamos cos máis pequenos

Igual que no curso pasado, comezamos as primeiras sesións coñecendo e manipulando as regretas Cuisenaire. Tivemos tempo para xogar con elas, observar a súa cor e tamaño e para ir memorizando o valor de cada unha.

No 1º curso de primaria fixemos composición e descomposición dos números ata o 10, completamos diagramas e fixemos equivalencias para realizar sumas.




7.11.22

Curso 22-23

Este curso 22-23 volvemos a participar no CPinnova  na modalidade de EDUinnova (o centro docente como entorno innovador de aprendizaxe a través da mellora permanente) partindo da competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría, co fin de dar continuidade ao traballo realizado o ano pasado.

Nel levaremos a cabo os seguintes obxectivos:


a) Aplicar metodoloxías innovadoras que faciliten a adquisición das competencias clave por parte do alumnado.

b) Ofrecer ao alumnado metodoloxías didácticas diversificadas e activas para garantir o desenvolvemento máximo do seu potencial e a personalización da aprendizaxe.

c) Mellorar a competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría.

d) Axudar ao alumnado a acadar o nivel de referencia nas capacidades básicas.

e) Elevar os niveis de éxito escolar.


Empezamos!

31.5.22

REMATAMOS O CURSO

Chegou o último trimestre, e ainda que foi moi cortiño, aprendemos moitas cousas novas coas  regletas e o ábaco. 

Regletas: traballamos co concepto de par-impar e o de multiplicación. Tamén aprendemos a ler e interpretar diagramas de barras feitos con regletas. 



Ábaco: descubrimos como representar números nun ábaco, a facer descomposicións, series, colocar o anterior /posterior, etc.



O vindeiro curso seguiremos traballando, xogando e aprendendo !!

8.4.22

AFIANZAMOS OS NOSOS COÑECEMENTOS

Avanzamos nas sesións coas regletas un mes máis. As regletas permiten traballar distintas áreas das Matemáticas e axudan a desenvolver moitas capacidades do pensamento lóxico-matemático. Polo tanto, co fin de mellorar estas capacidades, seguimos practicando a resolución de problemas e a descomposición de números.

Tedes, a continuación, unha mostra do traballo realizado polas alumnas e alumnos de 4º, 2º e 1º.




9.3.22

RESOLVEMOS PROBLEMAS COAS REGLETAS

As nenas e os nenos de 2º de Educación Primaria traballaron coas regletas para practicar a resolución de problemas. 

                                       Pinchade nos seguintes vídeos para ver o seu traballo!